A BUSCA DO TESOURO PIRATA

Déixovos a última proposta de psicomotricidade do curso: A busca do tesouro pirata. Un xogo clásico que sempre ten moito éxito!!

Pero preciso da vosa colaboración para que lles agochedes nun recuncho da casa algunha cousiña a modo de tesouro pirata.

Se nalgún momento do verán lles apetece xogar, no apartado de xogos de informática carguei dous novos: O bufo Boo e outro de vedoque.com para seguir a practicar as rutinas básicas para traballar co rato: sinalar, facer clic e arrastrar.

Mándovos o abrazo virtual máis forte do mundo. Bo Verán!!!

Comentarios