Nesta nova proposta, déixovos nesta imaxe interactiva un
conto motor (imos contando o conto e explicándolles os movementos a facer), un
xogo dos animais da sabana africana (para imitar a súa forma de
desprazarse), as pegadas dos animais (para repartir pola casa) e unha folla de
explorador/a para saber de que animal son as pegadas.
Tamén inclúe a canción “De safari” do libro CD “As Maimiñas:
unha viaxe polo mundo”, para compartir un ratiño de baile e expresión corporal.
Con esta proposta preténdese favorecer o desenvolvemento do
control muscular e a coordinación, fomentar a intelixencia, creatividade,
atención e fortalecer o vínculo afectivo coa familia.
Mándovos moitos biquiños e unha forte aperta!!!
Espero co pasedes moi ben!!!
Comentarios
Publicar un comentario